Cómo confundir a un pailán
2 07 2008
Categories : Sen clasificar
Xa está ben, hai que poñer todas as cartas no asador e a carne sobre a mesa!
Un de Cangas
Impresionante o remix que fan no programa de Buenafuente os de Siniestro Total mesturando o “Baila el Chiki-chiki” co seu exitazo “Matar jipis en las Cíes“: “El chiki-chiki mola mogollón, lo bailan en la china y también en Corcubión (…)”
CPU: Monitor, visualiza este documento.
Monitor: Non hai problema, xefe.
CPU: Vale, agora parece que está movendo o rato, así que, Monitor, podes mover o cursor de forma acorde aos seus movementos?
Monitor: O que pidas, xefe.
CPU: Ben, ben, moi ben. Rato, onde vas agora?
Rato: Sobre o panel de control, señor.
CPU: Hummm… faime saber se preme algo, dacordo?
Rato: Por suposto.
Teclado: Señor, acaba de premer ‘Control’ e ‘P’ simultaneamente.
Monitor: Mi madriña, alá imos…
CPU: (suspiro) Impresora? Estás aí? Read the rest of this entry »
Encántame o xeito que se dá.
Paso 1: abrir a porta da neveira.
Paso 2: meter o elefante (ver ilustración).
Paso 3: pechar a porta da neveira.


Entras, colles o obxectivo e saes. Sen ser visto, sen aspaventos, sen vítimas, sen sangue… o traballo dun profesional.
Vaia bromas que gastan na TV brasileira…
07.45 a.m. - Soa o despertador
08.00 a.m. - Soa o despertador
08.15 a.m. - O despertador soa outra volta
08.30 a.m. - Volve soar o despertador
09.45 a.m. - Paulo esperta vestido, almorzado e duchado na biblioteca sen ter claro cómo chegou alí
09.46 a.m. - Paulo quita unha legaña
09.47 a.m. - Paulo quita outra legaña
09.48 a.m. - Outra legaña
09.50 a.m. - Paulo descubre unha tribo de Chocokrispies nos dentes molares
10.00 a.m. - Paulo saca os apuntamentos e o mp3
10.15 a.m. - Paulo decide qué banda de música (das catro que ten) vai escoitar
10.16 a.m. - Paulo pónse a mirar o infinito
10.30 a.m. - Unha rapariga de escándalo cruza entre Paulo e o infinito
10.31 a.m. - Erección Read the rest of this entry »
Visto en ‘Air Galicia‘ da TVG, unha parodia do independentismo radical a ritmo de rumba (Eeeeh, Macarena, aaaah!). Ollo aos toxos cos ramos de rosas aos pés dos micros.
A letra: Read the rest of this entry »
Chantada: unha parede, un boneco e un desaugadoiro… (e si, está pensado para botar auga, do mesmo xeito que o famoso Manneken Pis). 
Imaxinación nunca falta… Visto nun xornal, nunha galería de fotos con outras xoias coma un hórreo tuneado coas cores do Barça ou unha sinal que prohíbe o estacionamento “excepto curas”.
Unha balea en caída libre:
Eso que se dirige cada vez más rápido hacia mí necesitará un nombre, tiene que sonar aplastante, algo como elo, uelo… suelo! Lo llamaré suelo!
Esbardallan: