Arsa!

Visto en ‘Air Galicia‘ da TVG, unha parodia do independentismo radical a ritmo de rumba (Eeeeh, Macarena, aaaah!). Ollo aos toxos cos ramos de rosas aos pés dos micros.

A letra:

Veña mocidade a loitar pola Galiza,

que Galiza é unha nazón que independencia cobiza.

Veña mocidade a loitar pola Galiza,

Independencia!.

Veña mocidade a loitar pola Galiza,

que Galiza é unha nazón que independencia cobiza.

Veña mocidade a loitar pola Galiza,

Independencia!.

Galiza é a nazón de Breogán,

pero os de Madrí caso non fan.

Haberá que partirlle-los dentes

para sermos independentes.

(estribillo)

Son galego porque nacín na Galiza,

a miña nazón España coloniza,

se queres vela descolonizada

colle a motoserra ou a machada.

(estribillo)

Mozos galegos vamos todos a Madrí

para deixarlles claro que os de aquí

sóbranos arruallo, fe e forza

para poñérllelas cachas en zorza.

(estribillo)

2 Responses to “Arsa!”

  1. o´peras Says:

    espanhol!!!
    :D

  2. huguito e javi Says:

    Paréceme impropio dun dos “X en antigua” poñer algo dese “pseudoprograma”

Leave a Reply