Diario dun estudiante na biblioteca

07.45 a.m. - Soa o despertador

08.00 a.m. - Soa o despertador

08.15 a.m. - O despertador soa outra volta

08.30 a.m. - Volve soar o despertador

09.45 a.m. - Paulo esperta vestido, almorzado e duchado na biblioteca sen ter claro cómo chegou alí

09.46 a.m. - Paulo quita unha legaña

09.47 a.m. - Paulo quita outra legaña

09.48 a.m. - Outra legaña

09.50 a.m. - Paulo descubre unha tribo de Chocokrispies nos dentes molares

10.00 a.m. - Paulo saca os apuntamentos e o mp3

10.15 a.m. - Paulo decide qué banda de música (das catro que ten) vai escoitar

10.16 a.m. - Paulo pónse a mirar o infinito

10.30 a.m. - Unha rapariga de escándalo cruza entre Paulo e o infinito
10.31 a.m. - Erección

10.32 a.m. - Paulo pousa a vista sobre os apuntamentos e comproba que están en arameo

10.33 a.m. - Paulo procura un dicionario de arameo

10.33 a.m. - Paulo descubre que na biblioteca da escola de enxeñeiros técnicos de obras públicas non existe o concepto “libro” e “dicionario” moito menos

10.34 a.m. - Paulo pasa polo momento “A quen lle podo pedir os apuntamentos a estas alturas?”

11.00 a.m. - Paulo descubre intentando traducir os apuntamentos que están en galego

11.01 a.m. - Paulo acórdase de Laura por ter esa letra de merda

11.02 a.m. - Paulo escribe no dorsal da man “Cortar man a Laura a próxima vez que a vexa e, de paso, as mechas”

11.03 a.m. - Paulo volve pousar a súa vista no infinito

11.35 a.m. – Rapariga de escándalo

11.36 a.m. - Erección

11.45 a.m. - Rapariga de escándalo

11.46 a.m. . - Erección

11.47 a.m. - Paulo pensa en baixar aos baños e arranxar os seus problemas de atención mediante o onanismo ou cambiar de sitio e poñerse de cara á parede

11.48 a.m. - Paulo descarta inmediatamente a segunda opción xa que a parede non ten culpa da súa virilidade

11.50 a.m. - Descanso para fumar un pitillo

13:50 p.m. – Retorno á biblioteca tras 27 pitillos e un cáncer de pulmón

13:51 p.m. - Paulo mira os apuntamentos e descodifica a primeira líña: “Tema 1: Dinámica dos medios continuos”

13:52 p.m. - Descanso para comer

15.25 p.m. - Retorno á biblioteca. Momento para o café da máquina

15:32 p.m. - Náuseas, mareos, dores repentinas do páncreas. Recordar premer o botón do azucre a próxima vez.

15:45 p.m. - Regreso ao estudo

15:56 p.m. - O infinito tenta acaparar a atención de Paulo. Para evitalo Paulo fai borranchos nunha folla. Cando lle preguntan di que son esquemas

16:00 p.m. - Etapa rosa de Paulo

16:30 p.m. - Etapa azul de Paulo

17:00 p.m. - Etapa cubista. Paulo anuncia a súa retirada do mundo da pintura

17.01 p.m. - Paulo mira de novo os apuntamentos

17.02 p.m. - Paulo rasca a cachola

17.03 p.m. - Paulo descubre que trabucou os apuntamentos

17.10 p.m. - Intento de suicidio frustrado de Paulo: os folios non cortan dabondo

17.15 p.m. - A malvada inopia secuestra a Paulo

17.30 p.m. - Paulo visita Babia

17:45 p.m. - Paulo visita as Nubes

18:00 p.m. - Paulo visita as Berzas

18:20 p.m. - Paulo pousa a vista sobre os novos apuntamentos

18:30 p.m. - Erección inxustificada. Paulo conversa cos seus xenitais: “que vístedes vós que eu non vira?” Investigar o mercado para sustituir a Viagra por unha visitiña á biblioteca

18:31 p.m. - Descanso para fumar un pitillo

19.00 p.m. - Paulo comproba como o número de raparigas de escándalo medra exponencialmente

20.00 p.m. - Paulo ten un principio de lipotimia debido a ter todo o sangue do corpo concentrado no mesmo punto

20.30 p.m. - Paulo asimila que a erección vaille durar toda a noite

21:00 p.m. - Volta aos estudos logo de tres cervexas, un licor café e 45 cigarros. Enfisema pulmonar

21:01 p.m. - Paulo mira os apuntamentos

21:02 p.m. - Paulo rasca de novo a cachola. Nota mental: usar champú para o pelo en vez de loción hidratante

21:03 p.m. - Paulo descubre que trabucou de novo os apuntamentos

21:07 p.m. - Novo intento de suicido frustrado: a cabeza non colle na taza do váter.

21:10 p.m. - Paulo escapa das berzas, do infinito e dun grupo de ninfómanas empeñadas en provocarlle continuas ereccións

21:45 p.m . - Paulo le e asimila logo dun grande esforzo as quince primeiras páxinas do temario

21:46 p.m. - Paulo descubre una nota a pé de páxina: “as 15 primeiras páxinas non entran no exame”. Recordo de tempos pasados: “Carlos das Heras ten estos detalles de simpatía inxustificada”

21:47 p.m. - Tercer intento frustrado de suicidio: tras envolverse en apuntamentos Paulo descubre que o chisqueiro non prende

21:50 p.m. - Pausa para fumar un pitillo. O chisqueiro volve a funcionar sorprendentemente

22:30 p.m. - Retorno aos estudos

22:31 p.m. - Pausa para outro cigarro

23:00 p.m. - Vollta aos estudos

23:01 p.m. - Reflexión: “quédanme exactamente dúas horas de estudo”. Verdade do conto: “quero ir para a casa pero xa.”

23:02 p.m. - Ataque de angustia existencial. Síndrome “Non me presento, non me presento”

23:30 p.m. - Paulo afaise á idea de estudar seriamente a hora e media que lle queda. Síndrome “Se en realidade é moi doado”

23:31 p.m. – O compañeiro xunta a Paulo, futuro licenciado en filosofía, comeza a roncar

23:45 p.m. - Paulo desfaise do cadáver dun ex-futuro licenciado en filosofía.

23:46 p.m. - Descanso para coller algo de comida basura da máquina da entrada

23:55 p.m. - Descubrimento de que o sandwich vexetal levaba caducado un cuatrimestre. Outra nota mental: Café de máquina + Comida de máquina = Úlcera Gastroduodenal.

23:56 p.m. - Pausa para vomitar. Recordos: “é coma se saíra polo centro e me emborrachara cun palé de whisky, igualiño.”

00:00 a.m. - Retorno aos estudos. Propósito firme de estudar a última hora que lle queda.

00:01 a.m. - Soa o móbil. Paulo solta un par de improperios

00:02 a.m. - Paulo escapa das mans do resto dos estudiantes que pretenden lapidalo con pesados volumes de enxeñería. Descubrimento: as miradas tamén matan

00:03 a.m. - Paulo colle o móbil. Paulo colga ao escoitar: ”Que, estás estudiando moito?”

00:04 a.m. - Paulo tira o móbil á papeleira

00.04 a.m. - 18 kinkis malotes dánse de ostias polo Nokia 3310 de Paulo. Queda con el o que saíu da casa coa recortada

00:05 a.m. - Paulo pousa a súa mirada sobre os apuntamentos

00:45 a.m. - Paulo esperta cos apuntamentos pegados á cara. A páxina 16 encheuse de babas e non se entende nada

00:46 a.m. - Paulo volve mirar os apuntamentos

00:55 a.m. - Paulo esperta cos apuntamentos pegados outra volta á meixela mentres soa por megafonía “a biblioteca pechará as súas portas en cinco minutos”

00:56 a.m. - Paulo mira os apuntamentos

00:57 a.m. - Paulo rasca a cachola

00:58 a.m. - Paulo descubre que trabucou por terceira vez os apuntamentos. Pensa seriamente en afiliarse á Asociación de Deficientes Subnormais

00:59 a.m. - Inxestión de media tonelada de apuntamentos fotocopiados: fáltalles sal

01:00 a.m. - Paulo abandona a biblioteca satisfeito polo seu completo aproveitamento das horas alí pasadas

01.01 a.m. - Paulo acende un cigarrillo.

01:02 a.m. - Paulo pensa en botarse baixo as rodas dun camión de catro eixos, finalmente decide non presentarse ao exame e saír esa mesma noite con cinco compañeiros que acaban na súa mesma situación.

Leave a Reply