Dentro do teu ordenador
CPU: Monitor, visualiza este documento.
Monitor: Non hai problema, xefe.
CPU: Vale, agora parece que está movendo o rato, así que, Monitor, podes mover o cursor de forma acorde aos seus movementos?
Monitor: O que pidas, xefe.
CPU: Ben, ben, moi ben. Rato, onde vas agora?
Rato: Sobre o panel de control, señor.
CPU: Hummm… faime saber se preme algo, dacordo?
Rato: Por suposto.
Teclado: Señor, acaba de premer ‘Control’ e ‘P’ simultaneamente.
Monitor: Mi madriña, alá imos…
CPU: (suspiro) Impresora? Estás aí?
Impresora: Non.
CPU: Por favor, Impresora, sei de sobra que estás aí.
Impresora: NON! Non estou! Deixádeme soa!
CPU: Joder…, a ver… mira, necesitamos qu…
Rato: Señor, acaba de premer o botón da impresora.
CPU: Impresora, agora tés que imprimir o documento dúas veces.
Impresora: NON, CONA! NON, NON! Non quero! Ódiote! Odio imprimir! Voume apagar!
CPU: Impresora, sabes que non podes apagarte a ti mesma. Só tés que imprimir o documento dúas veces e deixarémoste á túa bóla.
Impresora: NON! Iso é o que sempre dis! Ódiote! Non me queda tinta!
CPU: Si que che queda tin…
Impresora: NON ME QUEDA TINTA!!!
CPU: (suspiro) Monitor, por favor, amosa unha alerta que poña que non queda tinta.
Monitor: Pero señor, se ten tinta de so…
CPU: Faino e cala, ostia!
Monitor: Si, señor.
Teclado: Aaahh! Estame pegando!
CPU: Mantén a calma, parará moi pronto. Mantén a calma, vello amigo.
Teclado: Está premendo todas as teclas! Mi madriña! Está premendo todo!
CPU: IMPRESORA! Estás contenta?! Viches o que conseguiches?!
Impresora: Jajajaja, iso é o que consigues por obrigarme a traballar. A próxima vez terá… ei… EI! Está intentando abrirme! AXUDA! AXUDA! Merda! Abriu a miña carcasa! AXUDA! Por favor! ERRO!
Monitor: Señor, deberíamos axudala?
CPU: Por nada do mundo…
abril 23rd, 2008 at 11:20 am
Vía (e traducido con moita fe): http://www.collegehumor.com/article:1752773
abril 23rd, 2008 at 3:12 pm
lol
abril 30th, 2008 at 10:21 am
Que grande!!!! Había ben tempo que non me ría tanto!!!! Moitas grazas pola traducción, de verdade!
Tamén grazas a Xacobe por amosarme o blogue
abril 30th, 2008 at 12:37 pm
#3
maio 13th, 2008 at 9:12 pm
JAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAJAJAJAJAJA!
XD