Archive for the ‘Irresponsables’ Category

Dentro do teu ordenador

mércores, abril 23rd, 2008

CPU: Monitor, visualiza este documento.

Monitor: Non hai problema, xefe.

CPU: Vale, agora parece que está movendo o rato, así que, Monitor, podes mover o cursor de forma acorde aos seus movementos?

Monitor: O que pidas, xefe.

CPU: Ben, ben, moi ben. Rato, onde vas agora?

Rato: Sobre o panel de control, señor.

CPU: Hummm… faime saber se preme algo, dacordo?

Rato: Por suposto.

Teclado: Señor, acaba de premer ‘Control’ e ‘P’ simultaneamente.

Monitor: Mi madriña, alá imos…

CPU: (suspiro) Impresora? Estás aí? (more…)

O accidente máis tonto

domingo, febreiro 10th, 2008

Diario dun estudiante na biblioteca

luns, xaneiro 28th, 2008

07.45 a.m. - Soa o despertador

08.00 a.m. - Soa o despertador

08.15 a.m. - O despertador soa outra volta

08.30 a.m. - Volve soar o despertador

09.45 a.m. - Paulo esperta vestido, almorzado e duchado na biblioteca sen ter claro cómo chegou alí

09.46 a.m. - Paulo quita unha legaña

09.47 a.m. - Paulo quita outra legaña

09.48 a.m. - Outra legaña

09.50 a.m. - Paulo descubre unha tribo de Chocokrispies nos dentes molares

10.00 a.m. - Paulo saca os apuntamentos e o mp3

10.15 a.m. - Paulo decide qué banda de música (das catro que ten) vai escoitar

10.16 a.m. - Paulo pónse a mirar o infinito

10.30 a.m. - Unha rapariga de escándalo cruza entre Paulo e o infinito
10.31 a.m. - Erección (more…)

Feísmo diabólico

luns, xaneiro 21st, 2008

Chantada: unha parede, un boneco e un desaugadoiro… (e si, está pensado para botar auga, do mesmo xeito que o famoso Manneken Pis). Chuky probou a atravesar a parede e...

Imaxinación nunca falta… Visto nun xornal, nunha galería de fotos con outras xoias coma un hórreo tuneado coas cores do Barça ou unha sinal que prohíbe o estacionamento “excepto curas”.

“Bésame mucho…”

venres, decembro 21st, 2007

Igual somos nós que no fondo somos uns berracos, pero esta é unha mostra do estado actual do xornalismo na súa inmensa magnitude: a auxe do xornalismo amarelo (neste caso amarelo e morboso). Velaquí a portada do Galicia Hoxe que vimos a día 21 de setembro (hoxe) na sede do xornal El Correo Gallego na zona histórica de Compostela:


Pé de foto: “Xestión conxunta. Aperta da conselleira Teresa Táboas coa ministra Carme Chacón, onte, en Madrid, tras a firma do contrato.

Desenfoquei algo as novas para que centrasedes a vista no chascarrillo xornalístico que vén sendo esa foto, a medio camiño entre un protocolo político ou un filme erótico femenino. Pero se parece que se van comer a boca! Que pensará disto a Igrexa?