Quen é quen?

domingo, agosto 3rd, 2008

De quen é esta escultura, dun antigo exipcio ou de Michael Jackson?

Para Facebook

É un caso claro de viaxe no tempo?

O “moonwalk” será polo tanto un invento exipcio?

Foi o rei do pop unha raíña noutra época?

Xustifica isto que Michael Jackson non sexa negro nin blanco, e busca unha cor propia do antigo Exipto?

Ou mesmo… Michael viu a estatua e díxolle ao seu cirurxián que o deixara exactamente igual. Sexa como for, seméllanse totalmente, sobre todo o nariz é idéntico. ;-)

Visto en DGW vía reddit.com

Por que o chaman arte cando queren dicir chascarrillo?

domingo, decembro 16th, 2007

Algo taaaaaaaan de alta cultura coma a arte (ui!), tan coidada, tan metafísica, tan na procura da beleza… tiña que ter algún enfant terrible que se burlara dela. Meu dito meu feito:

Ce n´est pas une pipe

“Isto non é unha pipa” de Magritte. Noooooooon! Eu aí vexo un oso panda!

A fonte de R. Mutt

“A fonte de R. Mutt” de Marcel Duchamp, que transformándoo dende a cultura francesa sería como meter nun museo un váter dos de Roca e chamala: “A fonte do sr. Roca”. Chascarrillos de alta cultura.