“Bésame mucho…”

venres, decembro 21st, 2007

Igual somos nós que no fondo somos uns berracos, pero esta é unha mostra do estado actual do xornalismo na súa inmensa magnitude: a auxe do xornalismo amarelo (neste caso amarelo e morboso). Velaquí a portada do Galicia Hoxe que vimos a día 21 de setembro (hoxe) na sede do xornal El Correo Gallego na zona histórica de Compostela:


Pé de foto: “Xestión conxunta. Aperta da conselleira Teresa Táboas coa ministra Carme Chacón, onte, en Madrid, tras a firma do contrato.

Desenfoquei algo as novas para que centrasedes a vista no chascarrillo xornalístico que vén sendo esa foto, a medio camiño entre un protocolo político ou un filme erótico femenino. Pero se parece que se van comer a boca! Que pensará disto a Igrexa?