Diario dun estudiante na biblioteca

luns, xaneiro 28th, 2008

07.45 a.m. - Soa o despertador

08.00 a.m. - Soa o despertador

08.15 a.m. - O despertador soa outra volta

08.30 a.m. - Volve soar o despertador

09.45 a.m. - Paulo esperta vestido, almorzado e duchado na biblioteca sen ter claro cómo chegou alí

09.46 a.m. - Paulo quita unha legaña

09.47 a.m. - Paulo quita outra legaña

09.48 a.m. - Outra legaña

09.50 a.m. - Paulo descubre unha tribo de Chocokrispies nos dentes molares

10.00 a.m. - Paulo saca os apuntamentos e o mp3

10.15 a.m. - Paulo decide qué banda de música (das catro que ten) vai escoitar

10.16 a.m. - Paulo pónse a mirar o infinito

10.30 a.m. - Unha rapariga de escándalo cruza entre Paulo e o infinito
10.31 a.m. - Erección (more…)

A oferta e a demanda

domingo, decembro 16th, 2007

Unha foto tomada na facultade de Filoloxía da USC:

Tandem
Os mellores chascarrillos son os que se fan sen querer, dende a máis pura inocencia. Estimada Sophie, polas túas ofertas permitiríame ser español por unhas horas…

Teatro & Super Mario Bros

domingo, decembro 16th, 2007

Podes ser un friki ou podes ir por aí dicindo que non es un deles aínda que todos sabemos que o es… Pero como toda boa persoa, non poderás impedir rir tan pronto como identifiques neste vídeo ao máis famoso heroe de Nintendo. É o que pasa se xuntas o Super Mario Bros, unha arte tan antiga coma o teatro, e uns universitarios (peor aínda se son de Massachusetts, de todos sabido que son uns pillabáns):


Gran efecto o da luz negra… unha pena que perderan un pouco o ritmo do son cara o final… aiiii… ese técnico de son! que andabas a facer?! Dende logo… estes de Massachusetts…